Estas son as tres fotos premiadas no concurso “Alfoz en primavera”

Trátase de "O Escouridal desde o aire, "A ras do chan" e " Galea, desde a outra beira do río".

O escouridal dende o aire, de Adrián Díaz, 1º premio do II Concurso de Fotografía "Alfoz en primavera"

O II Concurso de Fotografía “Alfoz en primavera” xa ten premiados. O 1º premio, dotado de 300,00€ e diploma foi para Adrián Díaz Rivas (A Coruña) con “O Escouridal desde o aire”, 2º premio, dotado de 200,00€ e diploma para Verónica Rey Nieto (Villalba) con “A ras do chan” e o 3º premio, dotado de 150,00€ e diploma para Verónica Rey Nieto (Villalba) con ” Galea, desde a outra beira do río”.

A Ras do Chan, de Verónica Rey, 2º premio do II Concurso de Fotografía “Alfoz en primavera”

O Concello de Alfoz quere agradecer a gran participación neste certame, cuxas fotografías serán publicadas próximamente nas RRSS e web municipal e ademais formarán parte da Exposición de Fotografía “Alfoz en primavera” prevista para inicios de novembro no Castelo de Castro de Ouro.

Este concurso forma parte da promoción turística do Concello de Alfoz e está subvencionado polo Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.

Galea, dende a outra beira, de Verónica Rey, terciro premio do II Concurso de Fotografía “Alfoz en primavera”

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here